¿Federarse ou non federarse?

 In

Federarse ou non é unha libre elección de cada quen. Como indican os nosos estatutos, para ser soci@ do Club Parapente Ferrol, podes estar federado ou non. Se queres federarte e que nós tramitemos a túa solicitude, farémola pola Federación Aeronáutica Galega (FAG), que depende da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A través dela, tramitamos as nosas licencias e seguros federativos e organizamos as competicións. Se prefires voar sen federarte, hai seguros privados para desenvolver a actividade de voo. O noso consello é que tomes a decisión que ti prefiras, pero que teñas sempre un seguro que garanta a cobertura das túas actividades aéreas e che permita gozar deste fabuloso deporte.

Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp