En detalle
Ubicado na ladeira sobre Cariño, dende este despegue podemos gozar dunhas espectaculares vistas da Ría de Ortigueira. Con vento maino, podemos facer un largo planeo sobrevoando con bastante altura Cariño e a enseada do seu porto, empregando como indicadores da dirección do vento para aterrar os barquiños que se ancoran ó abeiro do mar co son de fondo da bucina da lonxa.
Zona de voo:
O Limo, Cariño
Méteo:
Vento ata 20 km/h de E e ESE
Nivel:
Para tódolos niveis