Facebook oficial do evento:

www.facebook.com/events/820813607999673/

Volando en parapente biplaza en Galicia

O Club Parapente Ferrol, en colaboración coa Concellalía de Deportes de Ferrol, pon en marcha o programa #poñemosFERROLpolasnubes, polo que pretendemos achegar a todas aquelas persoas interesadas en voar en parapente a posibilidade de coñecer o noso deporte de forma directa, sinxela e gratuíta.

¿Que debes facer para voar con nós gratis?

Facer click en MEGUSTA na páxina oficial do Club Parapente Ferrol en Facebook CPFerrol, así como na páxina de Facebook da escola deportiva do noso clube Parapentelandia, para así recibir as novas que iremos subindo con antelación na páxina do evento #poñemosFERROLpolasnubes, informando dos lugares, días e horas nos que voaremos. Unha vez vistos eses datos, se vos coincide ben, debedes deixar un comentario nese post dicindo que queredes voar ese día. Seleccionaremos ás dúas primeiras persoas que escriban o seu comentario. Despois contactará con vós por mensaxe privada o piloto bipraza para concretar o sitio e a hora, para quedar con el.

Cada día de voo aceptaremos a dúas persoas, agás que o día ofreza condicións para facer máis voos. Nese caso voarán as persoas que se despracen ata o despegue por orde de chegada. Intentaremos facela actividade sempre que a meteoroloxía sexa favorable. Se vides e está voable, voaredes, e se non val, asegurámosvos que as paisaxes dos nosos despegues son impresionantes e a compañía inmellorable 😉

volar parapente biplaza galicia

Esta iniciativa será difundida polas distintas redes sociais do Club Parapente Ferrol (Twitter, Facebook, Google + e Instagram) baixo o hashtag #poñemosferrolpolasnubes e nelas iremos subindo as fotografías ou videos dos 100 participantes, cada un baixo o hashtag citado, e o número correspondente @1, @2, @3… para que poidades compartilas cos vosos amig@s.

Atentos ao próximo día voable.

Est@s son @s afortunad@s que voaron gratuitamente con #poñemosFERROLpolasnubes NORABOA!!!

Bon voo!!!

Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp