CLUB PARAPENTE FERROL
#pintamosoceodecores
CLUB PARAPENTE FERROL
fai realidade o teu soño de voar
CLUB PARAPENTE FERROL
#pintamosoceodecores
CLUB PARAPENTE FERROL
#pintamosoceodecores #pintamoselcielodecolores
CLUB PARAPENTE FERROL
#parapenteparavivir #pintamosoceodecores
CLUB PARAPENTE FERROL
mira o mundo doutra maneira
CLUB PARAPENTE FERROL
Enjoy adrenaline
CLUB PARAPENTE FERROL
#pintamosoceodecores #pintamoselcielodecolores

A seguridade, o primeiro

Ven voar connosco. Somos un Club deportivo onde a seguridade se antepón a todo. Unha traxectoria avalada por moitas horas de voo en distintas zonas para disfrutar con total tranquilidade.

Pilot@s titulad@s

Pilot@s con amplia formación que coñecen perfectamente o medio, tanto a nivel práctico como teórico; apaixonad@s do parapente pero, ante todo, amig@s que te apoiarán e asesorarán en todo momento durante os voos.

UN PRACER PARA OS SENTIDOS

A sensación de liberdade que dá voar en parapente é inexplicable. A grandeza da paisaxe baixo os teus pés,  o son do ar na vela, @s amig@s ó teu carón… Ven e descúbreo co Club Parapente Ferrol.

es

Escola Deportiva C.P.Ferrol

  • Técnicos deportivos nivel I titulados
  • Ensinanza individualizada
  • Material de voo moderno e seguro
  • Comunicación por radio
  • Clases teóricas e prácticas
  • Zonas de voo adaptadas
  • Pilotos federados de competición
  • Meteoroloxía avanzada
  • Voo con e sen instrumental
  • Amplos despegues e aterraxes
  • Licenza e seguro federativo

Así somos no Club Parapente Ferrol

Somos un Club deportivo sen ánimo de lucro; non somos unha empresa e non obtemos beneficio económico algún polas actividades que realizamos, tal e como está recollido nos nosos estatutos. Móvenos o afán por formar deportistas e difundir e achegar o deporte do parapente ó público en xeral. Tódalas persoas que formamos este Club, dende o Presidente ata @ soci@ máis recente, adicamos o noso tempo e esforzo á divulgación do deporte sen obter ningún beneficio económico a cambio.

Cremos que éste é un deporte que, polas súas características, require de persoas solidarias e, por iso, os “tuzariños” son a nosa moeda de intercambio na organización dos remontes, tanto de alumn@s como de pilot@s, ata os despegues situados no cumio dalgúns montes. “Hoxe por ti e mañá por min” é o noso lema; por esta razón, @s soci@s do Club colaboran desinteresadamente nos remontes e nas labores organizativas cos “tuzariños”, nome da nosa mascota: o xabarín parapentista.

Se contactache con alguén e non cumpre estas premisas, podes estar segur@ que non contactache cun soci@ do Club Parapente Ferrol.

A nosa mirada

Ofrecémosche unha mirada única sobre a paisaxe de Galicia. Ven voar connosco e descubrirás persoas entusiasmadas por achegarte a este deporte.

A nosa misión

O noso Club está composto por pilot@s de diferentes localidades e a amizade constitúe o pilar fundamental sobre o que se desenvolve a nosa afección ó voo libre.

Filosofía

Achegar o mundo do parapente ás persoas que soñan con voar, aportándolles os coñecementos e destrezas precisas para que poidan voar de xeito autónomo.

Premios en competición

Nas nosas filas temos pilot@s de primeiro nivel. Sentímonos fachendos@s de facer o podio completo do Campionato Galego 2019 así como de contar entre @s nos@s pilot@s co Campión de España de XC Clase Serial 2019.

Regulamento de voo

Coñecer as preferencias de voo e a normativa aeronáutica é algo obrigatorio para @s pilot@s do noso Club. É básico para voar en harmonía e con respecto ós demáis.

Levamos aos nosos colaboradores ao máis alto

Das mellores zonas de voo de Galicia na mellor compañía

No Club Parapente Ferrol faise especial fincapé na seguridade aplicada a tódalas fases do voo. Esta é a premisa fundamental coa que se moven @s nos@s pilot@s. A partir de aí, cada quen desenrola os seus voos adaptándoos ás súas necesidades e ó que lle permite o seu equipo, escollendo as mellores zonas en función da meteoroloxía de cada xornada. Normalmente voamos en grupo e facémolo en zonas costeiras e do interior de Galicia aproveitando o aire que ascende polos cantís, así como as térmicas e a influencia das nubes.

 

  • Cando preparo o meu equipo no despegue, a concentración céntrase nese momento, nas condicións do día. Observo e prepárome. Todo o demáis difumínase, as preocupacións do día apárcanse. Cando voas, todo o demáis quédase na terra. Eres libre.

    Marcos Galán
    Marcos Galán Piloto Flow Fusion
  • A sensación de sentirse libre, poder ver as cousas pequeniñas e insignificantes, a gran irmandade entre compañeir@s, desconectar fácilmente da rutina… non sei… Supoño que será por eso polo que me gusta voar!    

    Salvador Crespo
    Salvador Crespo Piloto Swing Nyos RS
  • O fascinante de voar é que che permite ver o mundo dende outra perspectiva, coa paz e o silencio que caracterizan ó parapente, nun enclave privilexiado como a costa galega e en compañía das fantásticas persoas que compoñen o noso Club.

    Jorge Montes
    Jorge Montes Piloto Arcus 6
  • A sensación de despegar dende a área dunha praia, e un pedazo despois, mirala dende máis de mil metros, voando cos teus compañeiros de equipo, faite sentir especial.

    Xulio Villarino
    Xulio Villarino Piloto Swing Nyos RS
  • Unha vida vivida é unha vida con éxito, e o éxito é o que nos permite respirar. Superar unha dificultade importante significa adaptarse a un entorno moi esixente. Cando estou no aire, vivo sensacións que non experimentaría se me quedase no chan. Por eso quero voar.

    Jaime Fonte
    Jaime Fonte Piloto Powerplay Sting 2

Preferencias

– Os cruces de dous parapentes na mesma dirección e sentido contrario efectuaranse desviándose cada un dos parapente cara a súa dereita.

– Se un dos parapentes tivera a ladeira á súa dereita, éste terá preferencia.

– Non adiantar outro parapente polos lados á súa mesma altura e dentro da súa zona de manobra.

– Entre dous parapentes voando a diferente altura ten preferencia o que voa máis baixo.

– Dentro dunha térmica marca o sentido de xiro @ pilot@ que empezase a xirar primeiro.

– En caso de traxectorias lateráis converxentes ten preferencia a aeronave máis lenta.

Recomendacións

– Sobrevoar calquera obstáculo (liñas eléctricas, construccións, árbores…) a unha altura mínima de 50 m.

– Non voar só/soa. En caso de sair a voar só/soa, advertir do voo ó club ou escola da zona, co lugar do despegue e o percorrido a efectuar.

– Non voar no interior de nubes.

– Non despegar se o vento supera o 75% da velocidade máxima do parapente.

– Non despegar se o vento se desvía máis de 45º da dirección do despegue.

– Non voar fóra dos límites de carga alar aconsellados polo fabricante.

– Non voar en aeroloxía turbulenta.

– Non despegar co vento en cola.

– Non sobrevoar zonas de despegue a menos de 50 m. se hai outras velas desplegadas.

Prohibicións

– Dentro da área de seguridade de aeroportos, aeródromos, pasillos aéreos e zonas restrinxidas de voo.

– Se existe prohibición expresa d@s propietari@s do despegue, da aterraxe ou das autoridades.

– Do ocaso ao orto.

– Se a zona de aterraxe está cuberta de néboa.

– No interior das nubes se se voa con outras aeronaves próximas.

– Sobrevoar aglomeracións de persoas ou poboacións.

– O voo en bipraza con parapentes que non posúan dita homologación.

– O remolque directo dende vehículos, barcos ou sistemas de arrastre que carezan de homologación.

Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp