En detalle

É unha zona clásica de voo no interior de Galicia, ideal para adestramento en térmica. Voase con ventos de NW admitindo varios grados de variación a oeste e a norte. O despegue está situado a 654 metros de altitude e ten un desnivel de 360 metros sobre o val de Quiroga, cunhas vistas magníficas sobre o rio Sil e San Clodio . Cando na costa norte está o vento de NE, nos meses de primavera e verán, Vilañán adoita funcionar ben, xa que o fluxo de ventos alí perden moita intensidade e manda o NW, canalizado polo calor do sol. A ladera é NW polo que se orienta polo xeral despois do mediodía. As restitucións de última hora son moi frecuentes.

Zona de voo:
Vilañán, Quiroga

Méteo:
Despegue: WNW, NW e NNW

Nivel:
Para tódolos niveis, ideal para iniciarse en térmica.

  • Ver Track

As mellores fotos

Most Recent Projects
Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp