VOA EN PARAPENTE BIPRAZA CANDO A METEOROLOXÍA SEXA ÓPTIMA E DISFRUTA GALICIA DENDE O AIRE

despecomclub

1 Vas facer o teu primeiro voo en parapente bipraza en Galicia. Chegas ó despegue e falas tranquilamente co piloto; observas a paisaxe e ós/ás demáis pilot@s que están voando. Se te sintes cómod@, preparádesvos e a voar. Senón, non pasa nada: tan amig@s! Voar debe ser divertido, endexamais unha obriga.

19894599_1898229907104697_5763821510079631883_n

2 O primeiro é poñer o casco e o arnés, polo que irás suxeito ó parapente e ó piloto. É moi cómodo, seguro e doado de colocar. O piloto explicarache cómo facelo e supervisará tódalas anclaxes e o equipo. @ pasaxeir@ sempre viaxa diante, coas mellores vistas.

desppbt

3 O piloto colocará a vela sobre as vosas cabezas e dirache que camiñes ou corras. Notarás que os teus pés xa non tocan o chan e, cando o piloto che indique, poderás sentarte: pos os brazos cómodos e alehop! A disfrutar da paisaxe e as sensacións. O piloto fará todo o demais

fotsvideotandem

4 Se durante o voo queres que o piloto execute algunha manobra máis radical, non tés máis que pedirllo: él vai estar encantado! Se, polo contrario, queres un voo tranquilo, tamén o terás. Ti elixes. Cando voas en parapente bipraza, vas falando co piloto tranquilamente…

34722867_2052994168294936_682121672249049088_n

5 Cando vaiades aterrar, o piloto dirache que te incorpores e, cando toques o chan, indicarache que camiñes sen deterte; serán entre 1 e 3 metros. A vela baixará ó chan e ti terás unha cara de ledicia fenomenal 🙂

31961066_2038176333110053_5231923903500124160_n

6 Se queres vídeo ou fotos do voo para ter como recordo da túa experiencia, tamén o podes conseguir. Avísanos antes de despegar e encendemos as GoPro. Estaremos encantad@s de que o compartas coas túas amizades nas redes sociais e co Club Parapente Ferrol.

Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp