Hoxe os socios e socias do noso Club fixeron unha visita guiada por Juan Taboada ás instalación de MeteoGalicia en Santiago de Compostela. Taboada explicou ó longo de máis de dúas horas cómo é o funcionamento de Meteogalicia, cómo se toman, elaboran e se exponen ó público as previsións meteorolóxicas e os modelos númericos que tanto empregamos no noso deporte de parapente.
A xornada foi un éxito que superou as expectativas, con máis de 30 persoas asistentes. Despois achegámonos a xantar nun restaurante nas inmediacións de Santiago, onde continuamos o debate sobre meteoroloxía e parapente. 🙂