O noso club ven de adquirir coa axuda dunha subvención da DEPUTACIÓN DA CORUÑA unha rede formada por 6 estacións meteorolóxicas Holfuy con sensores de presión, temperatura, humidade e dirección e intensidade do vento, que contribuirán a mellorar de forma moi significativa o aproveitamento dos días de voo, así como para mellorar a seguridade dos nosos deportistas, e de aquelas persoas que practiquen deportes de natureza, xa que os datos son públicos a través de internet, ou da app de Holfuy para iOs e Android.