O noso club ven de adquirir co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte, trackers de Flymaster, en Pro Boxes, para poder facer xestión pro da organización de eventos, e seguimento en tempo real dos nosos deportistas. Unhos dispositivos que redundarán en maior seguridade, así como en maior eficiencia en recollidas, ou incluso en poder facer seguimento para o público das probas que se organicen.
Estos dispositivos son os que se utilizan habitualmente na X-Alps, nos Campionatos do Mundo PWC ou nos Campionatos de España, dada a súa máis que contrastada eficiencia.
Desexando que veñan xa días bos para facer moitos kilómetros de voo.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.Aceptar