Tras varios meses de traballo e negociacións, unindo esforzos coa Concellaría de Turismo de As POntes, xa temos operativo o despegue SW do Lago. Levamos probando a ladeira dende xa fai algún tempo, pero especialmente dende finais do pasado verán, onde voamos en distintas ocasións para ver cómo evoluciona o vento nela. Agora xa temos o despegue operativo, cun amplo campeiro de herba, cun acceso moi cómodo e unhas vistas fabulosas do Lago e a súa contorna. O despeque SW xunto á ladeira NW da praia do Lago constitúen un entorno idóneo para iniciarse no deporte do parapente, e é unha das zonas habituais da nosa Escola deportiva para a práctica de campa e voos de baixa cota. Moitas grazas Concello de As Pontes 😃😃😃😃😃

Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp