O noso club ven de adquirir coa axuda dunha subvención de 10.250€ concedida pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA, dúas furgonetas mixtas para traslado de deportistas e equipos e voo, en adestramentos, competicións e voos formativos e divulgativos.
Estes vehículos contribuirán a facer máis sinxela e eficiente a loxistica de acceso a despegues e aterraxes de pilotos, alumnos e alumnas en escola ou voos de promoción deportiva. Todo esto redundará en que os nosos pilotos poidan centrarse en voar máis horas sin preocuparse dos remontes ou mesmo recollidas.
Sabemos que este é un dos pasos máis grandes que da unha entidade das nosas características, e como tal, asumimos o reto de facelo cada día un pouco mellor en prol do deporte.









