A noite do sábado tivo lugar a asamblea anual e posterior cea de Nadal do club. Asistiron a maioría dos socios, e sempre é unha ledicia comprobar que a amizade e a camaradería presiden estas reunións dun colectivo que medra ano a ano. Expresouse claramente o realizado este ano por parte da directiva así como os vindeiros proxectos que foron aceptados por todos os socios presentes. Na cea de Nadal do club participaron a maioría dos socios e acompañantes, que degustaron un sabroso e abundante cocido na AAVV de Mandiá. Trala cea, celebrouse a xa tradicional entrega de premios a diversos socios, patrocinada polo Club Parapente Ferrol, a escola Parapentelandia e a marca alemana Swing, de material de parapente.

Destacaba a presenza de dous socios que forxaron os orixes do clube: Isabel Mesejo e Javier Blanco, dous deportistas que contan co especial agarimo e agradecemento de todos e cada un dos socios.

Houbo diplomas de recoñecemento e premios para: Gerardo Picos, como piloto máis veterano do club.

Daniel Tudó, trofeo ao alumno que realizou máis voos en menos tempo.

Mel Díaz, alumno revelación.

Jaime Fonte, como representante dos alumnos especialmente implicados no mantemento dos despegues.

Diego Fernández, adestrador paciente.

Carlos Castellanos, Xabier Veleiro e Esaú Outeiral, como pilotos debutantes na liga galega de cross con destacables resultados.

Tamén se fixo un recoñecemento especial a Víctor Maiztegui, presidente da FAG, polo seu apoyo ao noso deporte.

E por suposto, aos vencedores da Liga XC 2014 do CPFerrol:

Categoría pilotos

1- Xulio Villarino

2- Marcos Galán

3- Salvador Crespo

Categoría alumnos

1- Francisco Teijeiro

2- Mel Díaz

3- Víctor Ayerbe

Fiesta CPFerrol 2014

Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp