O noso club ven de adquirir coa axuda dunha subvención da DEPUTACIÓN DA CORUÑA dous equipos completos de dianas electrónicas homologadas FAI II para realizar adestramentos e competicións de precisión. Este material deportivo contribuirá a mellorar de forma moi significativa os aterraxes de precisión tanto en competicións oficiais, así como para os alumnos en formación na nosa escola deportiva xa que fan moito máis atractivos e aumentan o nivel de concentración nas aterraxes, o que despois resulta extrapolable ademáis das competicións ás aterraxes en voos de distancia ou mesmo de recreo. Estas dianas tamén se poderán utilizar nos campionatos locais ou nos campionatos autonómicos FAG que organice o club anualmente.