Participar nun Campeonato de España co teu equipo á algo así como a xira dun grupo de rock.
Moitas horas de coche, moita loxística, moitas risas, estudar ben as mangas, moita concentración no momento da competición, tensión en ocasións, cenas entre amigos, máis risas, bromas no hotel, máis kilómetros de voo, recollidas e remontes, e sobre todo, sobre todo, moita amistade e unha piña moi forte e unida, que fai que todo o esfuerzo valga moito a pena.
9 deportistas do club competindo e un total de 11 coa loxística.
Dous goles en biplaza e un en velas B, batindo algúns dos nosos records personais, e cos copilotos cos ollos ben abertos aprendendo en cada xiro.
Así foi o Campeonato de España de Biplazas e velas B. Béjar, Salamanca do que chegamos onte.

Moi felices e noraboa aos organizadores por un magnífico traballo.

Grazas moi especiais á Deputación da Coruña polo apoio ao noso deporte!!!

Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp