¿Cantos anos hai que ter para voar en parapente?
Contando con autorización familiar (pai, nai ou titor/a legal) pódese empezar a practicar a moi curta idade, pero o certo é que o parapente xunta moitas cualidades que adoitan gustar a deportistas maiores de 18 anos. Require paciencia, estudio teórico e certa madurez persoal que permita tomar decisións por riba do teu ego.