¿Como podo saber se me gusta voar en parapente?
Vente a un despegue un día de voo. Verás como son os protocolos da pilotaxe. Se che gusta, proba a facer un bipraza e sairás de dúbidas… O certo é que moitas persoas levamos no noso interior dende pequen@s a necesidade de voar, e o voo libre en parapente é a expresión máis pura, ata o de agora, na que as persoas podemos relacionarnos co aire. Ascender voando suavemente polas ladeiras, xirar como un ave nas ascendencias térmicas, planear por riba de outeiros e montes… Ábrenseche moito os ollos? Pois gustarache voar!!!