Lago de As Pontes

A inclinación da ladeira á beira do lago das Pontes faina un lugar ideal para iniciarse ao parapente.

Esmelle, Ferrol

Pequeno cantil de adestramento ao voo rasante e preto do chan no que hai que estar moi atentos á marea.

Cabo Prior, Ferrol

Se o vento sube imos Esmelle, e si baixa a Cabo Prior, e se baixa aínda maís a Ponzos. Diferentes intensidades para ventos de oeste.

O Limo, Cariño

É un dos poucos despegues Galicia con orientación E e ESE con vistas fabulosas sobre a costa de Ortegal.

San Roman, O Vicedo

San Roman, para combinar un día de voo e praia entre as rías do Barqueiro e a de Vivero, coa illa Coelleira a un paso.

Monte Ventoso, Ferrol

Mirador tradicional sobre a praia e lagoa Doniños para os ferrolterranos e despegue imprescindible para os parapentistas galegos.

páxina 1 de 2