VOA EN PARAPENTE BIPRAZA E DESFRUTA GALICIA DENDE O AIRE

1 Vas facer o teu primeiro voo en parapente bipraza en Galicia. Chegas ao despegue e falas tranquilamente co piloto, observas a paisaxe e aos demáis pilotos que están volando. Si te sintes cómod@ preparádesvos e a voar; senón non pasa nada, tan amigos, voar debe ser divertido, non una obriga.

2 O primeiro é poñelo casco e o arnés, do que irás enganchado ao parapente e ao piloto. É moi cómodo, seguro e fácil de colocar. O piloto explicarache como facelo e supervisará todos os anclaxes e o equipo. O pasaxeiro sempre viaxa diante, coas mellores vistas.

3 O piloto colocará a vela encima das vosas cabezas e dirache que camiñes. Notarás que os teus pes xa non tocan no chan e cando che indique poderás sentarte, pos os brazos cómodos e alehop… a desfrutar da paisaxe e as sensacións. O piloto facerá todo o demais.

4 Si durante o voo quixeras que o piloto fixera maniobras máis radicais non tes máis que pedirllo, estará encantado. Si polo contrario, queres un voo tranquilo tamén o terás. Tí elixes. Cando voas en parapente bipraza vas falando co piloto tranquilamente.

5 Cando vaiades a aterrar o piloto dirache que te incorpores e cando toques o chan caminas sin deterte ata que che mande parar. Serán entre 1 e 3 metros. A vela baixará ao chan e tí terás unha cara de ledicia fenomenal.

6 Si queres video ou fotos do voo para ter un recordo da túa experiencia tamén o podes conseguir. Avísanos antes de despegar e encendemos as GoPro. Estaremos encantados de que o compartas cos teus amigos nas redes sociais. ¿Ainda qieres saber máis do voo en bipraza?