Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

El trailer

La película

As orixes do noso deporte, medio século atrás, confúndense con varias disciplinas: aviadores, investigadores da NASA, aladeltistas, montañeiros… Todos participaron no xerme do que hoxe é o parapente, unha marabillosa aeronave flexible, que ocupa menos que os apuntes de dereito romano do primeiro trimestre de carreira. E pesa 15 veces menos.

E continúa a evolucionar respectando as premisas coas que naceu. Cada vez temos velas máis lixeiras, pequenas, seguras e doadas de pilotar.

Así que, románticos compañeiros voadores, vos invito a aproveitar as condicións invernais para redescubrir o noso deporte. Plegade con xeito a vela e abrigádevos ben, que nos vamos á montaña!

No club contamos coa experiencia en montaña de varios socios. Entre eles, Diego Fernández (ou Fernández, a secas) que é, ademais, un parapentista avezado e fogueado no campo da improvisación de despegues e aterraxes. Polo que, servíndonos da súa experiencia e dispoñibilidade infinita, plantexamos unha serie de experiencias invernais de paramontaña pola Serra dos Ancares e arredores.

Xa comezou esta ousadía o día 31 coa subida e voo dende o Cuíña, das que vos achegaremos  cumprida información audiovisual cando sexa posible.

E como o que calar non sabe, falar non debe, remato esta alocución con vontade de arenga deixándovos esta perla cinematográfica do noso compañeiro Salva Crespo.

Deica

Texto de Marcos Galán

Y el trailer de la próxima superproducción 😉

Escríbenos

En breve che contestaremos.