Hoxe domingo día 9 de decembro celebramos o Trofeo Cidade de Ferrol de Parapente Precisión 2018, tralo aprazamento durante varias semanas consecutivas debido á mala meteoroloxía. Hoxe foi un día óptimo dende primeirísima hora da mañá e ata o anoitecer, e puidemos validar 6 mangas cun total de 15 participantes. Os ventos moi frouxos, de 8-10 kms/h, de compoñente Oeste pola mañá, que foi rolando a Norte pola tarde, fixeron que as condicións para a realización dos voos foran perfectas para que @s pilot@s poidesen atinar a súa precisión e voar con total seguridade. A competición estivo organizada polo Club Parapente Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol. Moitísimas grazas a tod@s @s pilot@s participantes e colaboradores e ata a próxima!!

 

Gañadores categoría monopraza:
1.-Salvador Crespo
2.-Andrés Ferreira
3.-Rubén Carballeira

Gañadores categoría bipraza:
1.-Miguel González
2.-Marcos Galán

NORABOA PILOTOS!!!

Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp