Hosting por dinahosting.
CLUB PARAPENTE FERROL
Pintamos el cielo de colores...
CLUB PARAPENTE FERROL
para hacer realidad tu sueño de volar
CLUB PARAPENTE FERROL
con todos los azules que puedas imaginar
CLUB PARAPENTE FERROL
para que descubras la fascinación de volar

A Seguridade, o primeiro

Ven a voar connosco. Somos un clube deportivo onde a seguridade ten prioridade absoluta. Un camiño, avalado por moitas horas de voo en distintas zonas para disfrutar con confianza.

Pilotos titulados

Pilotos titulados FAG que coñecen que coñecer perfectamente o medio a nivel teórico e práctico, entusiastas do parapente, pero por riba de todo amigos, que te apoiarán e asesoraran en todo momento durante os voos.

Un pracer para os sentidos

A sensación de liberdade que da voar en parapente é inexplicable. A maxestuosidade da paisaxe baixo os teus pés, o son do ar na vela, os amigos á túa carón… ven e descúbreo co Club Parapente Ferrol.

Club Parapente Ferrol, tu club de vuelo en Galicia.

Escuela Deportiva CPFerrol

  • Instrutores titulados
  • Ensino individualizado
  • Material de voo moderno e seguro
  • Comunicación por radio
  • Clases teóricas e prácticas
  • Zonas de voo adaptadas
  • Pilotos federados
  • Meteoroloxía avanzada
  • Voo con e sen instrumental
  • Grandes despegues e aterraxes
  • Un gran equipo humán

Así somos no Club Parapente Ferrol

Somos un clube deportivo sen ánimo de lucro; non somos unha empresa e non recibimos beneficio económico polas actividades que realizamos, como está recollido nos nosos estatutos. Móvenos o desexo de formar deportistas e difundir e dar a coñecer o deporte do parapente a o público en xeral. Todos os que formamos este clube, dende o presidente ata o socio máis recente, dedicamos o noso tempo e esforzo en difundir o deporte sen obter ningún beneficio ecnonómico por iso.
Cremos que este é un deporte que pola súa natureza require persoas solidarias y por ello NO cobramos por los remontes de los pilotos o alumnos hasta los despegues situados en la cima de algunos montes, "Hoxe por ti mañá por mín" é o noso lema, por esta razón los socios del club colaboran desinteresadamente nos remontes e traballo de organización.
Se contactaches con alguén e non cumpre estas premisas, podes estar seguro que non contactaches con un piloto do Clube Parapente Ferrol.

O noso ollar

Ofrecemosche unha perspectiva única sobre a paisaxe de Galicia. Ven a voar connosco e descubrirás a xente entusiasmada en achegarte a este deporte.

A nosa misión

O noso club está composto por pilotos de diferentes localidades e a amizade é a pedra angular sobre a que se desenvolve a nosa afición ao voo libre.

Filosofía

Achegar o parapente as persoas que soñan con voar, proporcionándolles coñecementos e habilidades para que poidan voar autónomamente.

Premios en competicións

Entre os nosos pilotos temos verdadeiros afeccionados á competición. A ela dedican gran parte dos seus días de voo, tanto no circuíto rexional como no nacional. Segue a Liga CPF

Regramento de Voo

Coñecer as preferencias e as regras de voo é unha obriga para os membros do noso clube. É básico para voar en harmonía e respecto polos outros.

As mellores zonas de voo de Galicia en compañía

No Clube Parapente Ferrol faise especial fincapé na seguridade aplicada a todas as fases de voo. Esta é a premisa fundamental sobre a que os nosos pilotos se moven. A partires diso, cada un desenvolve os seus voos adaptándoos ás súas necesidades e ao que lle permite o seu equipo, escollendo as mellores áreas en función da meteoroloxía de cada día. Normalmente voamos en grupo e facémolo en zoas costeiras de Galicia aproveitando o aire ascendente nos penedos e a influencia das nubes.

  • O fascinante do voo é que ves o mundo dende outra perspectiva, coa paz e silencio que caracterizan ao parapente, nun enclave privilexiado da costa de Galicia, na compañía de persoas fantásticas que forman o noso clube.

    Jorge Montes
    Jorge Montes Piloto Arcus 6
  • A sensación de estar libre, poder ver as cousas minúsculas e insignificantes, a gran irmandade entre compañeiros, desconectar facilmente da rutina ... non sei ... Eu creo que debe ser por iso que me gusta tanto voar. & Nbsp; & Nbsp;

    Salvador Crespo
    Salvador Crespo Piloto Swing Mistral 7
  • Unha vida vivida é unha vida con éxito, e o éxito é o que nos permite respirar. Superar unha grande dificultade significa adaptar a un ambiente moi esixente. Cando estou no ar vivo sensacións que non probaría se me quedase no chan. Por iso quero voar.

    Jaime Fonte
    Jaime Fonte Piloto en prácticas Powerplay Sting 2
  • A sensación de despegar a 10 metros da praia de Ponzos e subir ata 500 por riba do cumio do monte é excelente.

    Xulio Villarino
    Xulio Villarino Piloto Swing Mistral 7
  • Cando preparo o meu equipo no despegue, a concentración centrase nese intre, baixo as condicións do día. Observo e preparome. Todo o resto desaparece, as preocupacións do día están aparcadas. Cando voas, o resto queda en terra. Eres libre

    Marcos Galán
    Marcos Galán Piloto Swing Nexus

Preferencias

– Os cruces de dous parapentes na mesma dirección e sentido contrario efectuaranse desviándose cada un dos parapentes á súa dereita.

– Si un dos parapentes tivera a ladeira a súa dereita ten preferencia.

– Non adiantar a outro parapente polos lados á súa mesma altura e dentro da súa area de manobra.

– Entre dous parapentes voando a diferente altura ten preferencia a que voa máis baixa.

– Dentro dunha termica marca o sentido de xiro do piloto que comezara a xirar primeiro.

– En caso de traxectorias laterais convexentes ten preferencia a aeronave máis lenta.

Recomendacións

– Sobrevoar calquera obstáculo (liñas de alta tensión, vivendas, árbores…) a unha altura mínima de 50 m.

– Non voar . En caso de sair a voar só, avisar o clube ou escola de voo da zona, con lugar de despegue e o percorrido a efectuar.

– Non voe no interior de nubes.

– Non despegar se o vento supera a 75% velocidade máxima do parapente.

– Non despegar se o vento se desvia máis de 45 graos en relación á dirección de despegue.

– Non voe fóra dos límites da carga alar recomendada polo fabricante.

– Non voar en aeroloxía turbulenta.

– Non despegar con vento en cola.

– Non sobrevoar zonas de despegue a menos de 50 m. se outras velas están despregadas.

Prohibicións

– Na área de seguridade de aeroportos, aeródromos, corredores aéreos e zonas restrinxidas de voo.

– Se hai prohibición expresa de propietarios do despegue, da aterraxe ou autoridades.

– Do ocaso ao amencer.

– Se a área de aterraxe está cuberta de néboa.

– Dentro de nubes si se voa preto doutras aeronaves.

– Sobrevoar multitudes de persoas ou poboacións.

– O vo en bipraza con parapentes que non teñen esta homologación.

– O remolque directo desde vehículos, barcos ou sistemas de arrastre que carezcan de homologación.

Escríbenos

Y en breve te responderemos. No somos empresa, y por ello no hacemos vuelos biplaza comerciales.